miércoles, 2 de abril de 2008

Onde estamos

Situado na Comarca das Mariñas Coruñesas, Oza dos Ríos atópase nunha zona de transición, entre montañas e llanuras, o que o converte nun territorio de singular interese pola gran variedade de paisaxes naturais e o seu importante patrimonio cultural, que mestura modernidad e tradición.
Este municipio da provincia da Coruña está situado entre os 43º 16´- 43º 9´ de latitud N. e os 4º 33´ - 4º 22´ de lonxitude O. A súa extensión é de 71 km2. e conta cunha poboación de 3.350 (aprox.) habitantes, distribuídos nas parroquias de Bandoxa, Cis, Cuiña, Mondoi, Oza ( capital do municipio que ten uns 150 habitantes e dista 30 km. da capital provincial), Parada, Porzomillos, Reboredo, Regueira, Rodeiro, Salto e Vivente.
Do noso concello son personaxes de onte e hoxe coma O Gaiteiro Rilo, o poeta Salvador Golpe, a poeta Enma Couceiro, a cantante Mercedes Peón, o bailarín Henrique Peón e a pintora Antonia Dans, entre outros.



Ver mapa más grande

No hay comentarios:

Departamento de Turismo do Concello de Oza dos Ríos