martes, 19 de agosto de 2008

Ruta de Sendeirismo. 14.09.08

O domingo 14 de setembro terá lugar a última das rutas de sendeirismo de esta tempada primaveira - verán.

Nesta ocasión coñeceremos outra zona do Concello de Oza dos Ríos, na contorna do río Mendo.

Coma de costume, os que desexen participar, deberán apuntarse no teléfono 981 79 20 00 (preguntar por Julia ou Susana) ou por correo electrónico: ozaturismo@yahoo.es

lunes, 21 de julio de 2008

EXPOSICIÓN DIDÁCTICA GALICIA BIODIVERSIDADE

Con esta exposición didáctica, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia pretende que todos os galegos coñezan a diversidade de ecosistemas, de especies e de variedades xenéticas que se conservan en Galicia. Que se estimule a toma de conciencia sobre a importancia da conservación da biodiversidade máis próxima que atesouramos en Galicia e, ao mesmo tempo, a mundial. Ademais se queren desenvolver comportamentos positivos cara á conservación das especies e dos seus hábitats e fomentar actitudes responsables que favorezan a conservación da natureza.
Datas: do luns 21 ao xoves 24 de xullo.
Horario: de 10.00 a 13.30 h.
Lugar: Biblioteca Municipal do Concello de Oza dos Ríos.

martes, 15 de julio de 2008

III Xornadas de Medio Ambiente e Turismo Sostible en Oza dos Ríos: Monte do Gato



Este venres e sábado animádevos a coñecer máis sobre o voso concello e loitar polo seu desenvolvemento sostible.

Para máis información chamade ao 981 79 20 00 ou enviade un correo a ozaturismo@yahoo.es

miércoles, 18 de junio de 2008

ACTIVIDADES VERÁN 2008

● CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN OZA DOS RÍOS:

OZA DOS RÍOS – UNIDADE MÓBIL DIANTE DA FARMACIA
LUNS 23 DE XUÑO
De 16:30 a 21:00 horas.


● ACTIVIDADES DE VERÁN 2008:

O vindeiro 1 de xullo comezan as “Actividades de Verán 2008” para nenos e nenas de 4 a 14 anos, e rematarán o xoves 21 de agosto. (Os venres non hai actividade)

Haberá dous grupos:
1) de 4 a 8 anos, en horario de 11:30 a 13:00h e
2) de 9 a 14 anos, en horario de 10:00 a 11:30h.

O prazo de inscrición xa está aberto e rematará cando rematen as prazas (hai 12 por grupo).

Para face-la inscrición ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres e de 10 a 14h.


● CAMPAMENTO CON ARANGA, COIRÓS E IRIXOA:

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Oza dos Ríos foi convidado a participar no Campamento que organizan os Concellos de Aranga, Coirós e Irixoa, que este ano terá lugar en Quiroga (Lugo) do 7 ao 12 de xullo.

O prezo do campamento é de 240 €, dos que o Concello subvenciona 140 €, quedando, polo tanto, a cota de inscrición para os participantes en so 100 €.

Este prezo inclúe: desplazamentos de ida e volta ó campamento, aloxamento en réxime de pensión completa, monitorado e actividades (ruta en catamarán, iniciación á canoa, rappel, carreiras de orientación, actividades na piscina, etc....)

A idade mínima para participar é de 8 anos e a máxima é de 14. O prazo de inscrición remata o martes 1 de xullo ás 13:00h (número de prazas limitado)

Para face-la inscrición ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres e de 10 a 14h.


XORNADA DE SENDEIRISMO: DOMINGO 29

O domingo 29 de xuño faremos a segunda ruta de sendeirismo de esta tempada. O percorrido será dunhas 4 horas (cun descansiño) e de dificultade baixa. Nela pasearemos polas parroquias de Bandoxa e Rodeiro (Oza dos Ríos) e finalmente faremos unha visita oa petroglifo que se atopa no lugar de Vilachá.
Coma sempre o transporte relizamolo nos vehículos particulares, os menores debe ir acompañados e pregamos que vos inscribades antes do venres 27 de xuño chamando ao 981 79 20 00 ou enviando un correo a ozaturismo@yahoo.es
A hora de encontro será ás 9.30 diante da Casa do Concello de Oza dos Ríos.


· III XORNADAS DE MEDIO AMBIENTE E TURISMO SOSTIBLE EN OZA DOS RÍOS: MONTE DO GATO.

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Oza dos Ríos organiza estas xornadas adicadas a proposta e discusión de posibilidades turísticas e medio ambientais para o noso concello. As xornadas duran tres días: 17 e 18 de xuño charla-coloquio e o sábado 19 poñemos en práctica o aprendido cunha visita guiada ao Monte do Gato pola empresa Cuántica (www.cucana.com). O horario dos tres días será de 9.30 a 14.00 h.
O prazo de inscrición remata o luns 14 de Xullo.


● BASES DO V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA (2008):


1) Poderán participar tódolos interesados/as, sen límite de idade, e independentemente da súa nacionalidade e lugar de residencia.
2) O tamaño e o formato das fotografías serán libres; o tema tamén é libre, sendo condición única (e indispensable) que retraten elementos, paisaxes, construcións, etc., do noso municipio.
3) Ningunha fotografía traerá escrito nada que poida servir para identificar ó autor ou autora.
4) As fotografías realizadas con técnica dixital presentaranse impresas en papel e virán acompañadas dunha copia en CD.
5) Prazo de presentación dos traballos: ata o día 8 de agosto de 2008 ás 13:30h.
6) Os traballos serán remitidos á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello (OMIX do Concello de Oza dos Ríos, Rúa Lois nº 33, 15388, Oza dos Ríos, A Coruña) ou ben entregados en man no propio Concello. (Para máis información: Teléfono- 981 79 20 00 e Fax: 981 79 20 25 – Susana ou Julia).
7) Premios e contía dos mesmos: establécense tres únicos presmios, podendo estes ser declarados desertos se o xurado o estima oportuno (1º: 150 €, 2º: 120 € e 3º: 90 €).Ademais, as fotos gañadoras ilustrarán o calendario oficial do Concello para o 2009.
8) O xurado estará formado polo Alcalde-Presidente do Concello de Oza, xunto cos demais membros da corporación que el designe.
9) Os gañadores daranse a coñecer o xoves 14 de agosto na entrega de premios que se celebrará na Biblioteca Municipal.
10) As fotografías recibidas pasarán a ser propiedade do Concello e serán utilizadas por este e incluídas na súa páxina web, sendo citada en todo caso a autoría da obra.


● OBRADOIROS DE NOVAS TECNOLOXÍAS:

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Oza dos Ríos, dentro da súa programación, organiza dous obradoiros de balde de novas tecnoloxías nos meses de agosto e setembro:

11) AGOSTO: PHOTOSHOP BÁSICO:

Desenvolverase os días: martes 5, xoves 7, martes 12 e xoves 14, en horario de 20:00 a 22:00h.

Neste obradoiro descubriremos as técnicas básicas de tratamento fotográfico que se poden aplicar co programa Photoshop.


12) SETEMBRO: OPTIMIZACIÓN DO USO DE INTERNET:

Desenvolverase os días: martes 2, xoves 4, martes 9 e xoves 11, en horario de 20:00 a 22:00h.

Neste obradoiro trataranse diversos temas de actualidade como poden ser: creación dun blog e introdución de información, vídeos, mapas, sonidos..., coñecemento das ferramentas de búsqueda en internet, planificación e contratación de viaxes e vacacións e optimización xeral do uso de internet.

A idade mínima para participar nestes obradoiros é de 16 anos.

O prazo de inscrición comeza o martes 1 de xullo e rematará cando rematen as prazas, que son 10 por obradoiro.

Para face-la inscrición ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres e de 10 a 14h.


· DENDE ARXENTINA deixáronnos un comentario no foro

"Mi abuela nació en Oza y emigro junto a toda su familia hacia Argentina antes de 1920, por lo poco que sabemos, ellos vendieron su casa de oza y mi bis abuela, al parecer eseñaba a leer y escribir en la zona, la familia era Diaz Martinez, si alguien tiene algun dato, me gustaria tener alguna foto de esa casa donde elos vivian ¡ (al menos hasta que pueda ir en persona a recorrer galiza) saudos"


· SETE MIL MILLÓNS DE ÁRBORES ATA O 2009
O Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), anunciou unha iniciativa para plantar unha árbore por cada ser humano que habita o planeta, coa intención de combater o cambio climático e a perda da biodiversidade.Obxectivo: plantar sete mil millóns de árbores ata o 2009. A reforestación está considerada como uns dos principais procedementos para contrarrestar os cambios climáticos.O director executivo do PNUMA, Achim Steiner, afirmou que a cifra de 7 mil millóns de árbores é perfectamente alcanzable, se se considera que a campaña lanzada en 2006, para plantar dúas mil millóns de exemplares, alcanzou os seus obxectivos en seis meses.Por iso, fan un chamamento a todos os cidadáns, organizacións da sociedade civil e gobernos do mundo para alcanzar este obxectivo antes da Conferencia sobre Cambio Climático que se celebrará en Copenhague no ano 2009.Ata o momento, África é o continente onde se plantaron máis da metade dos exemplares. En América Latina, México marcha á cabeza con 250 millóns.A reforestación está considerada como uns dos principais procedementos para contrarrestar os cambios climáticos. As árbores e os bosques xogan un papel crucial na regulación do clima e na absorción do dióxido de carbono.Unha páxina web permite facer público cada compromiso de plantación e así mesmo confirmar os exemplares efectivamente plantados en cada lugar do mundo.Máis información: Páxina web da campaña:
http://www.unep.org/billiontreecampaign/

miércoles, 28 de mayo de 2008

Ruta de sendeirismo por Aranga

Aínda que a choiva ameazou a realización da actividade durante toda a semana, a mañá do sábado mantivose medio soleada e sen chover ata o final da xornada.

Resultou ser un paseo moi adradable nunha contorna maravillosa ao longo do río Mandeo do que disfrutamos unhas 20 persoas.


Máis fotografías en flickr

http://www.flickr.com/photos/ozaturismo/

A próxima ruta será polo Concello de Oza dos Ríos e a data cambia, do sábado 28 de xullo ao domingo 29.

Esperamos que vos acheguedes.


jueves, 17 de abril de 2008

Sendeirismo 24 Maio: Aranga


O sábado 24 de maio comezaremos por segundo ano cas xornadas de sendeirismo.

Nesta ocasión o lugar a visitar será o concello veciño de Aranga (percorrido aínda por determinar) e a ruta terá unha duración aproximada de 4 horas, cunha paradiña intermedia para facer un descanso e, por exemplo, tomarnos un pequeno bocadillo.

Coma sempre, o traslado realizaráse en coches particulares pero aquel que non dispoña dun, que non se preocupe, seguro, nos repartimos sen problema.

Todos aqueles que vos apuntedes no Concello de Oza, o punto de encotro será ás 9.30 h diante da casa do concello de Oza dos Ríos. Para apuntarvos podedes chamar ao 981 792 000 e preguntar por Susana ou enviar un correo a ozaturismo(arroba)yahoo.es

Se preferides ir directamente ao concello de Aranga, podedes informarvos no 981 793 551/ 541 preguntando por Nef ou Trudi.

Vémonos o 24!!!

domingo, 6 de abril de 2008

EL SECTOR DEL TURISMO MUESTRA SU LADO MÁS SOLIDARIO

MOONSHINE Y TURISMO 2.0 ANUNCIAN LA PRIMERA SUBASTA SOLIDARIA DE VIAJES ONLINE

Hace muy pocas semanas Chris Pomeroy, Director de Moonshine (www.moonshine.es), agencia especializada en marketing turístico, inició un debate en Turismo2.0, la comunidad online de profesionales de turismo (www.turismo20.com), titulado “¿somos una comunidad solidaria?” . La respuesta de esta comunidad profesional a su pregunta, que ahora sólo se puede clasificar como retórica, es la Primera Subasta Solidaria de Viajes que hoy es una realidad en la página web www.subastamoselmundo.com .
Una idea sencilla de Moonshine, pedir a cada uno de sus clientes que aporten un viaje a cambio de publicidad y subastar estos viajes con el objetivo de recaudar fondos para destinar a un proyecto solidario de la ONG Ayuda en Acción, se ha convertido, gracias a los miembros de Turismo2.0, en un ambicioso proyecto solidario que generará miles de euros para proyectos de turismo sostenible en países en vías de desarrollo.

La página web de la subasta es la aportación de otro miembro de Turismo2.0, Manuel López de la empresa H2E (http://www.h2e.es/). El objetivo de la web del proyecto es, sobre todo, facilitar a las empresas y organismos del sector información sobre las ventajas comerciales, sociales y hasta fiscales de donar viajes, estancias, vuelos, pasajes, etc. Aunque la web es también un escaparate para mostrar los viajes a los consumidores antes de la subasta, la subasta en si se realizará en el primer portal de subastas online del mundo. Ebay España http://www.ebay.es/ ha ofrecido ceder gratuitamente su plataforma para aportar notoriedad y garantizar una funcionalidad perfecta de la subasta.

La iniciativa cuenta asimismo con el apoyo de la Organización Mundial de Turismo de las Naciones Unidas (http://www.unwto.org/) que ha sugerido incluir la subasta en su programa oficial de actividades del Día Mundial de Turismo.


Consciente de que muchos responsables de oficinas de turismo o cadenas hoteleras no tienen la libertad para hacer donativos, aunque sea en especie, pero sí para realizar promociones al consumidor, Chris Pomeroy ha aprovechado su experiencia en crear acciones de marketing y los recursos de su empresa, para justificar la aportación de un viaje como inversión promocional, con un clarísimo retorno de inversión. Cada viaje donado tendrá una ficha en Ebay y otra en la web del proyecto con los datos del viaje, del destino, fotos y link a la web del donante. Habrá además una posibilidad de generar una base de datos de emails ya que el consumidor, al registrarse para pujar, puede optar por ceder sus datos a cada donante de viajes. Por otra parte se mandarán varios boletines informativos a todos los consumidores que se hayan registrado en la página con información sobre todos los viajes donados. La mayoría de los más de 1600 miembros de Turismo2.0 tienen su propio blog relacionado con el sector del turismo y muchos de ellos se han comprometido a promocionar activamente la subasta solidaria llegado el momento.

Según explica Albert Barra, creador y moderador de la comunidad Turismo2.0, “Aun es pronto para lanzar la página al consumidor final. Primero queremos comunicarlo a los profesionales del sector para darles la oportunidad de participar como donantes. Sin hablar de ello fuera de nuestra comunidad ya tenemos viajes donados en Costa Rica, Argentina, Irlanda, Canarias, Baleares, Costa Brava, etc. por valor de más de 20.000€. Ahora queremos animar a todos los compañeros del sector a que pongan también su grano de arena y que entren ya a http://www.subastamoselmundo.com/ y donen su viaje o producto. Creo que todos los que tengamos la suerte de vivir bien del turismo tenemos la obligación de ayudar a que otros, menos afortunados, puedan tener una vida digna gracias al turismo”.
Opinión compartida por Chris Pomeroy quien en su día creó su empresa con el leit motiv “viajando nos hacemos mejores y ayudando a otros a viajar mejoramos nuestro mundo” y ahora ve como todo el sector comparte esta visión.

jueves, 3 de abril de 2008

II Xornadas de Sendeirismo 2008

Estamos perfilando as rutas de sendeirismo para este ano, con dúas NOVIDADES:

1. Dúas de elas realizaranse polo Concello veciño de Aranga (24 de maio e 9 de Agosto).

2. A ruta de Setembro realizase un domingo, para tod@s aqueles que, por diferentes motivos, non podedes acudir os sábados.


Podedesvos empezar a apuntar/informar de calquera delas poñéndovos en contacto con Julia ou Susana na Casa do Concello de 10.00 a 14.00 h., chamando ao 981 79 20 00 ou escribindo a ozaturismo(arroba)yahoo.es

Esperamos que vos animedes a acompañarnos!!!

miércoles, 2 de abril de 2008

O BLOG DE TURISMO RENOVA IMAXE

Como acabades de comprobar o blog de Turismo refrescou a súa imaxe e, aproveitando esta situación, reorganizou os seus contidos.

Esperamos que vos guste a nova disposición e coma sempre, recordarvos que para calquera crítica, dúbida ou información podedes escribir a ozaturismo(arroba)yahoo.es

Contacto

Para dubidas ou máis información non dubide en poñerse en contacto comigo:

Julia Saavedra Vázquez.
Técnica de Turismo do Concello de Oza dos Ríos.

Horario de atención ao público: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
Enderezo: Concello de Oza dos Ríos. Lois 33, Oza dos Ríos 15388. A Coruña. España
Teléfono: 981 79 20 00 Fax: 981 79 20 25
e-mail: ozaturismo@yahoo.es
web: http://ozaturismo.blogspot.com/ http://www.ozadosrios.net/ www.fotolog.com/ozaturismo

Onde estamos

Situado na Comarca das Mariñas Coruñesas, Oza dos Ríos atópase nunha zona de transición, entre montañas e llanuras, o que o converte nun territorio de singular interese pola gran variedade de paisaxes naturais e o seu importante patrimonio cultural, que mestura modernidad e tradición.
Este municipio da provincia da Coruña está situado entre os 43º 16´- 43º 9´ de latitud N. e os 4º 33´ - 4º 22´ de lonxitude O. A súa extensión é de 71 km2. e conta cunha poboación de 3.350 (aprox.) habitantes, distribuídos nas parroquias de Bandoxa, Cis, Cuiña, Mondoi, Oza ( capital do municipio que ten uns 150 habitantes e dista 30 km. da capital provincial), Parada, Porzomillos, Reboredo, Regueira, Rodeiro, Salto e Vivente.
Do noso concello son personaxes de onte e hoxe coma O Gaiteiro Rilo, o poeta Salvador Golpe, a poeta Enma Couceiro, a cantante Mercedes Peón, o bailarín Henrique Peón e a pintora Antonia Dans, entre outros.



Ver mapa más grande

5 razons para visitarnos

1. Localización estratéxica. Bos accesos e comunicacións vía terrestre e aérea.

2. A menos de:
- media hora: Betanzos e A Coruña. Aeroporto A Coruña.
- unha hora: Santiago e Lugo. Aeroporto Santiago.
- dúas horas: Pontevedra e Vigo. Aeroporto Vigo.
- tres horas: Portugal, Asturias e Castilla León. Aeroporto Porto.

3. Importante patrimonio histórico- artístico. Elementos histórico-culturais de interese e calidade artística: dende a prehistoria a través do románico, barroco, neoclásico e a arquitectura tradicional galega.

4. A calidade do medio natural invita a realizar actividades na contorna, rodeado sempre de paisaxes marabillosas e ambientes purificados polos seus ríos e a súa rica e variada fauna. Estas calidades aprovéitanse para a realización de rutas de senderismo guiadas e actividades deportivas variadas coma, por exemplo, ciclismo.

5. A gastronomía da zona, elaborada aínda con métodos tradicionais, conserva a calidade e calidez de outrora.

Oza dos Ríos offers all city-life facilities without leaving up countryside peacefulness:

1) Privileged location. Excellent road and air accesses.

2) It is less than:
o Half an hour from Betanzos and A Coruña, including its airport.
o One hour from Santiago and Lugo (including Santiago airport).
o Two hours from Pontevedra and Vigo (including Vigo airport).
o Three hours from Portugal, Asturias and Castilla León (including Porto airport).

3) Relevant historical and artistic heritage. Interesting historical and artistic high-quality elements that have developed from pre-history through Romanesque, Baroque, Neoclassicism and Galician traditional architecture.

4) The richness of its natural environment invites to trying outdoor activities, always surrounded by wonderful landscapes and natural spots with its pure rivers and varied wildlife. These environmental qualities are resorted to for carrying out guided trekking tours and sports such as Pilates, aerobics, taekwondo, football and swimming.

5) Typical local dishes are still prepared by using traditional methods, thus maintaining yesterday’s quality and warmth.

Fotos de Oza dos Ríos

Pincha nos seguintes enlaces para ver as diferentes "galerías" de fotos:

Fotolog Ozaturismo

Google Earth - Panoramio

Fotos das Actividades organizadas polo departamento de Turismo

Rutas de Sendeirismo

RUTA DAS PONTES


Ver mapa más grande


CASTRO DE CIS


Ver mapa más grande


MONTE DO GATO


Ver mapa más grande


CASTRO DE BANDOXA


Ver mapa más grande

Que ver: Mapa de Recursos (estamos a traballar nel)

Descarga neste enlace o teu mapa turístico do concello: Mediafire

martes, 1 de abril de 2008

Onde comer

MESÓN PACHECO

Teléfono: 981 79 24 34
Dirección: OZA


RESTAURANTE O MODERNO

Teléfono: 981 79 20 28
Dirección: OZA


RECTORAL DE CINES (TURISMO RURAL)

4ª Categoría - 1 Garfo
Teléfono: 981 777 710
Dirección: CIS
Web: http://www.rectoraldecines.com/
E-mail: reservas@larectoraldecines.com


PAZO DE SANTA CRUZ

3ª Categoría - 2 Garfos

Teléfono: 981773607
Fax: 981270368
Dirección: Santa Cruz de Mondoi, 60, Oza dos Ríos 15389, A Coruña.
Web: http://www.pazodesantacruz.es/
e-mail: info@pazodesantacruz.es


PARRILLADA TERRA NOVA

4ª Categoría - 1 Garfo
Teléfono: 981792453
Dirección:A Regueira, 10, Oza dos Ríos,15387, A Coruña.


Máis información: TURGALICIA

Onde aloxarse

CRECHO

Categoría: Pensión Residencia 1 estrela
Nº de cuartos: 9
Dirección: Lg. Castiñeiro, 13, Oza dos Ríos 15388. A Coruña
Teléfono: 981792048


RECTORAL DE CINES

Categoría: Casa de turismo rural- Grupo-A (Casa Reitoral) - Compartido
Nº de cuartos: 8 Dobre con baño, 1 Dobre especial con baño, 3 Individual con baño
Dirección: As Casas Novas, 4, Cis (San Nicolao), Oza dos Ríos, 15389. A Coruña
Teléfono: 981777710
Fax: 981785566
Enderezo web do recurso:
http://www.larectoraldecines.com
e-mail do recurso:
reservas@larectoraldecines.com


Máis información: TURGALICIA

lunes, 10 de marzo de 2008

II FOLIADA


Data: sábado día 15
Hora: dende as 22:00 h
Lugar: restaurante "Moderno"

Ca presencia do mestre Francisco Villarino Ojea o "Gaitero de Escornabois".

viernes, 18 de enero de 2008

MAPA DE OZA DOS RÍOS


Antes de imprimir definitivamente o mapa que acabamos de elaborar sobre os recursos e atractivos do noso Concello, gustaríanos que participásedes na revisión do mesmo comentándonos todos aqueles aspectos que non vos gustan, os elementos que faltan…nunha palabra, que o critiquedes.

Podedes descargar o mapa no seguinte link:

http://www.mediafire.com/?8widotyttnz

Unha vez na páxina, só hay que facer click onde pon "Click here to start download" e esperar a que se descargue.

Graciñas por adiantazo pola vosa colaboración!!!

Departamento de Turismo do Concello de Oza dos Ríos