miércoles, 5 de diciembre de 2007

OZA DOS RÍOS SOLIDARIO e actuación CUARTETO FANTASÍA

O sábado 15 de decembro, de 11 a 14h., os Departamentos de Cultura, Turismo e Servizos Sociais organizan, por teceiro ano consecutivo, o Mercadiño Solidario no que participarán as ONGs Axuda en Acción e Intermón Oxfam e Labañou Solidaria.
No mercadiño, que se celebrará na Biblioteca Municipal do Concello, poderedes mercar obxectos de artesanía, roupa, comida e bebidas, bisutería, xoguetes, etc.., todos eles produtos de Comercio Xusto e merchandising das propias ONGs.
Dende o Concello queremos animarvos a que reservedes parte das vosas compras de Nadal para este día, xa que, ademais de encontrar fermosos regalos para os vosos seres queridos, poderedes axudar aos diferentes proxectos de desenvolvemento que están a levar a cabo estas organizacións non lucrativas en países nos que de verdade precisan da nosa axuda.
Anímate a vir e sé solidari@!!!!



Para completar esta xornada invitámosvos tamén ao concerto queterá lugar no mesmo sitio a partir das 12:00h. Actuará no Concello o Cuarteto Fantasía, do que forma parte a fantástica acordeonista de Oza Sabela Caamaño. Recomendámoslles encarecidamente que veñan disfrutar da que, de seguro, será unha magnífica actuación.

Así resultou a excursión ás Fragas do Eume




O pasado domingo 25 de novembro, 70 persoas disfrutaron dunha fantástica xornada en contacto coa natureza visitando o Parque Natural das Fragas do Eume.
Guiados polos monitores de Cuántica o grupo partiu dende a localidade de A Capela, visitando o mosteiro de Caaveiro, para rematar no lugar de Ventureira.
Pola tarde, todo o grupo comeu no Albergue Rural Alvarella e disfrutou dunha amena charla sobre bioconstrución que rematou cunha visita ás instalacións.
Dende o Concello damos as gracias á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que colaborou cunha axuda económica na realización de esta actividade.

Departamento de Turismo do Concello de Oza dos Ríos