miércoles, 5 de diciembre de 2007

OZA DOS RÍOS SOLIDARIO e actuación CUARTETO FANTASÍA

O sábado 15 de decembro, de 11 a 14h., os Departamentos de Cultura, Turismo e Servizos Sociais organizan, por teceiro ano consecutivo, o Mercadiño Solidario no que participarán as ONGs Axuda en Acción e Intermón Oxfam e Labañou Solidaria.
No mercadiño, que se celebrará na Biblioteca Municipal do Concello, poderedes mercar obxectos de artesanía, roupa, comida e bebidas, bisutería, xoguetes, etc.., todos eles produtos de Comercio Xusto e merchandising das propias ONGs.
Dende o Concello queremos animarvos a que reservedes parte das vosas compras de Nadal para este día, xa que, ademais de encontrar fermosos regalos para os vosos seres queridos, poderedes axudar aos diferentes proxectos de desenvolvemento que están a levar a cabo estas organizacións non lucrativas en países nos que de verdade precisan da nosa axuda.
Anímate a vir e sé solidari@!!!!



Para completar esta xornada invitámosvos tamén ao concerto queterá lugar no mesmo sitio a partir das 12:00h. Actuará no Concello o Cuarteto Fantasía, do que forma parte a fantástica acordeonista de Oza Sabela Caamaño. Recomendámoslles encarecidamente que veñan disfrutar da que, de seguro, será unha magnífica actuación.

Así resultou a excursión ás Fragas do Eume




O pasado domingo 25 de novembro, 70 persoas disfrutaron dunha fantástica xornada en contacto coa natureza visitando o Parque Natural das Fragas do Eume.
Guiados polos monitores de Cuántica o grupo partiu dende a localidade de A Capela, visitando o mosteiro de Caaveiro, para rematar no lugar de Ventureira.
Pola tarde, todo o grupo comeu no Albergue Rural Alvarella e disfrutou dunha amena charla sobre bioconstrución que rematou cunha visita ás instalacións.
Dende o Concello damos as gracias á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que colaborou cunha axuda económica na realización de esta actividade.

martes, 6 de noviembre de 2007

EXCURSIÓN ÁS FRAGAS DO EUME


O domingo 25 de novembro, o Concello de Oza dos Ríos organiza unha excursión totalmente gratuita (con xantar incluido) ás Fragas do Eume e ao Albergue Rural Alvarella no que xantaremos, escoitaremos unha charla sobre bioconstrucción e visitaremos as súas instalacións construidas baixo o principio da sostibilidade.
A ruta de sendeirismo da mañá estará guiada por Cuántica.

O horario da xornada será, aproximadamente (excepto a hora de saída, pode sufrir modificacións), o seguinte:

9.30 Salida de Oza dos Ríos (parada de taxis)

10.30 - 13.30 Senderismo: Fragas do Eume - Caaveiro

14.00 Comida en Alvarella

16.00 Charla bioconstrucción y visita a las instalaciones.

18.00 Salida de Alvarella.

19.00 Llegada a Oza dos Ríos.

O prazo de inscripción remata o mércores 21 de novembro.

Para máis información ou inscripción:

Preguntar por Julia ou Susana no teléfono 981 792 000 (de 10.00 a 14.00 h.) ou enviar un e-mail (con nome apelidos e un télfono de contacto) a ozaturismo@yahoo.es

Esperamos que vos animedes a acompañarnos!!!

martes, 23 de octubre de 2007

Actividade cos nenos de Oza dos Ríos e Aranga




Seguen adiante as actividades previstas polos Concellos de Aranga e Oza dos Ríos na súa solicitude conxunta de subvención para a actividade de recuperación e difusión do patrimonio artístico e arquitectónico do Románico do que somos posuidores os dous municipios.
A primeira de estas actividade será unha saída cos escolares dos colexios de Ámbolos dous Concellos os días 25 e 26 de outubro na que os nenos visitarán as igrexas de Santa Cruz de Aranga e San Martín de Bandoxa e as mámoas do Monte do Gato para que sexan conscientes da importancia da preservación do noso legado histórico-cultural. Parécenos moi importante o feito de que, ademais de coñeceren o seu propio municipio, poidan coñecer outros lugares e outras xentes, e sentir por eles mesmos que, coas nosas diferencias, somos todos parte dunha comunidade maior, e que son máis os rasgos que compartimos que os que nos diferencian (quedándose estes últimos case sempre en meras fronteiras xeopolíticas).

martes, 25 de septiembre de 2007

NOVO FOTOLOG DE OZA DOS RÍOS


Xa podedes disfrutar das mellores imaxes do voso Municipio no novo fotolog do Concello de Oza dos Ríos:




Gustaríanos tamén que participasedes enviando as vosas fotografías, indicando nome e apelidos do autor e lugar onde foi tomada a foto, a:




Esperamos que o disfrutedes e que colaboredes con nos nunha maior difusión da beleza e riqueza do noso entorno.


GRACIÑAS por adiantado !!!

lunes, 24 de septiembre de 2007

REMATARON AS XORNADAS BIMENSUAIS DE SENDEIRISMO


Este sábado 22 de Setembro remataron con éxito as Xornadas Bimensuais de Sendeirismo que se levan celebrando dende o mes de Abril.

Nestas camiñatas percorremos lugares coma a "Ruta das Pontes", os castros de Cis e Bandoxa e o Mote do Gato.


Damoslle as gracias a todos aqueles que nos acompañaron ao longo desta actividade e animamos a os que non o fixeron a que se animen para a próxima primaveira.

jueves, 9 de agosto de 2007

OZA DOS RÍOS

O Concello de Oza dos Ríos é un municipio en continuo crecemento. Nel podemos atopar unha valiosa riqueza medioambiental, paisaxística e monumental xa que goza de paisaxes de incomparable beleza, que non sempre son coñecidas polas persoas que nos visitan.


O Concello de Oza dos Ríos ocupa unha estreita franxa de terreo de 71.9 km2, ao sur de Betanzos, entre os ríos Mendo e Mandeo. Limita ao norte con Betanzos e Coirós, ao leste faino con Aranga; ao sur, con Curtis e Cesuras; e, ao oeste con Abegondo.


Divídese en 12 parroquias: Bandoxa, Cis, Cuíña, Mondoi, Oza, Parada, Porzomillos, Reboredo, Regueira, Rodeiro, Salto e Vivente, e estas, á súa vez, divídense nun total de ata 103 lugares diferentes.

Segundo datos do último Padrón Municipal realizado en 2002, a poboación do Concello é de 3160 habitantes, repartidos nos 71.9 km2 de superficie.


El Ayuntamiento de Oza dos Ríos es un municipio en constante crecimiento. En él podemos encontrar una valiosa riqueza medioambiental, paisajística y monumental; goza de paisajes de incomparable belleza, que no siempre son conocidos por las personas que nos visitan.

El Ayuntamiento de Oza dos Ríos ocupa una estrecha franja de terreno de 71,9 km2, al sur de Betanzos, entre los ríos Mendo y Mandeo. Limita al norte con Betanzos y Coirós, al este con Aranga; al sur, con Curtis y Cesuras; y, al oeste con Abegondo. Está dividido en 12 parroquias: Bandoxa, Cis, Cuíña, Mondoy, Oza, Parada, Porzomillos, Reboredo, Regueira, Rodeiro, Salto y Viventes. Estas a su vez se dividen en 103 lugares.

La población del Ayuntamiento, según datos del último Padrón Municipal de Habitantes, realizado en 1996, es de 3.256 habitantes que, repartidos en los 71,9 km2 de superficie, dan una densidad media relativamente baja si la comparamos con la provincial e incluso con la autonómica.

Oza dos Ríos is a constantly growing village. Here, you may find invaluable monuments and landscape, as well as great environmental richness; there are magical places, some of them provided with beauty beyond comparison, which are not always known by those who come to visit us.

Oza dos Ríos is placed on a 71,9 km² narrow strip of land, between the Mendo River and the Mandeo River. Northward, it borders on Betanzos and Coirós; eastward, it borders on Aranga; southward it borders on Curtis and Cesuras and westward it borders on Abegondo. It is divided into 12 parishes: Bandoxa, Cis, Cuiña, Mondoy, Oza, Parada, Porzomillos, Reboredo, Regueira, Rodeiro, Salto y Viventes. At the same time, these 12 parishes are subdivided into 103 "places".

According to the last Local Census (1996), the village has 3256 inhabitants, which is a very low population density as compared with the provincial or even autonomical average one.


Departamento de Turismo do Concello de Oza dos Ríos