martes, 23 de octubre de 2007

Actividade cos nenos de Oza dos Ríos e Aranga




Seguen adiante as actividades previstas polos Concellos de Aranga e Oza dos Ríos na súa solicitude conxunta de subvención para a actividade de recuperación e difusión do patrimonio artístico e arquitectónico do Románico do que somos posuidores os dous municipios.
A primeira de estas actividade será unha saída cos escolares dos colexios de Ámbolos dous Concellos os días 25 e 26 de outubro na que os nenos visitarán as igrexas de Santa Cruz de Aranga e San Martín de Bandoxa e as mámoas do Monte do Gato para que sexan conscientes da importancia da preservación do noso legado histórico-cultural. Parécenos moi importante o feito de que, ademais de coñeceren o seu propio municipio, poidan coñecer outros lugares e outras xentes, e sentir por eles mesmos que, coas nosas diferencias, somos todos parte dunha comunidade maior, e que son máis os rasgos que compartimos que os que nos diferencian (quedándose estes últimos case sempre en meras fronteiras xeopolíticas).

Departamento de Turismo do Concello de Oza dos Ríos