miércoles, 18 de junio de 2008

ACTIVIDADES VERÁN 2008

● CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN OZA DOS RÍOS:

OZA DOS RÍOS – UNIDADE MÓBIL DIANTE DA FARMACIA
LUNS 23 DE XUÑO
De 16:30 a 21:00 horas.


● ACTIVIDADES DE VERÁN 2008:

O vindeiro 1 de xullo comezan as “Actividades de Verán 2008” para nenos e nenas de 4 a 14 anos, e rematarán o xoves 21 de agosto. (Os venres non hai actividade)

Haberá dous grupos:
1) de 4 a 8 anos, en horario de 11:30 a 13:00h e
2) de 9 a 14 anos, en horario de 10:00 a 11:30h.

O prazo de inscrición xa está aberto e rematará cando rematen as prazas (hai 12 por grupo).

Para face-la inscrición ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres e de 10 a 14h.


● CAMPAMENTO CON ARANGA, COIRÓS E IRIXOA:

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Oza dos Ríos foi convidado a participar no Campamento que organizan os Concellos de Aranga, Coirós e Irixoa, que este ano terá lugar en Quiroga (Lugo) do 7 ao 12 de xullo.

O prezo do campamento é de 240 €, dos que o Concello subvenciona 140 €, quedando, polo tanto, a cota de inscrición para os participantes en so 100 €.

Este prezo inclúe: desplazamentos de ida e volta ó campamento, aloxamento en réxime de pensión completa, monitorado e actividades (ruta en catamarán, iniciación á canoa, rappel, carreiras de orientación, actividades na piscina, etc....)

A idade mínima para participar é de 8 anos e a máxima é de 14. O prazo de inscrición remata o martes 1 de xullo ás 13:00h (número de prazas limitado)

Para face-la inscrición ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres e de 10 a 14h.


XORNADA DE SENDEIRISMO: DOMINGO 29

O domingo 29 de xuño faremos a segunda ruta de sendeirismo de esta tempada. O percorrido será dunhas 4 horas (cun descansiño) e de dificultade baixa. Nela pasearemos polas parroquias de Bandoxa e Rodeiro (Oza dos Ríos) e finalmente faremos unha visita oa petroglifo que se atopa no lugar de Vilachá.
Coma sempre o transporte relizamolo nos vehículos particulares, os menores debe ir acompañados e pregamos que vos inscribades antes do venres 27 de xuño chamando ao 981 79 20 00 ou enviando un correo a ozaturismo@yahoo.es
A hora de encontro será ás 9.30 diante da Casa do Concello de Oza dos Ríos.


· III XORNADAS DE MEDIO AMBIENTE E TURISMO SOSTIBLE EN OZA DOS RÍOS: MONTE DO GATO.

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Oza dos Ríos organiza estas xornadas adicadas a proposta e discusión de posibilidades turísticas e medio ambientais para o noso concello. As xornadas duran tres días: 17 e 18 de xuño charla-coloquio e o sábado 19 poñemos en práctica o aprendido cunha visita guiada ao Monte do Gato pola empresa Cuántica (www.cucana.com). O horario dos tres días será de 9.30 a 14.00 h.
O prazo de inscrición remata o luns 14 de Xullo.


● BASES DO V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA (2008):


1) Poderán participar tódolos interesados/as, sen límite de idade, e independentemente da súa nacionalidade e lugar de residencia.
2) O tamaño e o formato das fotografías serán libres; o tema tamén é libre, sendo condición única (e indispensable) que retraten elementos, paisaxes, construcións, etc., do noso municipio.
3) Ningunha fotografía traerá escrito nada que poida servir para identificar ó autor ou autora.
4) As fotografías realizadas con técnica dixital presentaranse impresas en papel e virán acompañadas dunha copia en CD.
5) Prazo de presentación dos traballos: ata o día 8 de agosto de 2008 ás 13:30h.
6) Os traballos serán remitidos á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello (OMIX do Concello de Oza dos Ríos, Rúa Lois nº 33, 15388, Oza dos Ríos, A Coruña) ou ben entregados en man no propio Concello. (Para máis información: Teléfono- 981 79 20 00 e Fax: 981 79 20 25 – Susana ou Julia).
7) Premios e contía dos mesmos: establécense tres únicos presmios, podendo estes ser declarados desertos se o xurado o estima oportuno (1º: 150 €, 2º: 120 € e 3º: 90 €).Ademais, as fotos gañadoras ilustrarán o calendario oficial do Concello para o 2009.
8) O xurado estará formado polo Alcalde-Presidente do Concello de Oza, xunto cos demais membros da corporación que el designe.
9) Os gañadores daranse a coñecer o xoves 14 de agosto na entrega de premios que se celebrará na Biblioteca Municipal.
10) As fotografías recibidas pasarán a ser propiedade do Concello e serán utilizadas por este e incluídas na súa páxina web, sendo citada en todo caso a autoría da obra.


● OBRADOIROS DE NOVAS TECNOLOXÍAS:

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Oza dos Ríos, dentro da súa programación, organiza dous obradoiros de balde de novas tecnoloxías nos meses de agosto e setembro:

11) AGOSTO: PHOTOSHOP BÁSICO:

Desenvolverase os días: martes 5, xoves 7, martes 12 e xoves 14, en horario de 20:00 a 22:00h.

Neste obradoiro descubriremos as técnicas básicas de tratamento fotográfico que se poden aplicar co programa Photoshop.


12) SETEMBRO: OPTIMIZACIÓN DO USO DE INTERNET:

Desenvolverase os días: martes 2, xoves 4, martes 9 e xoves 11, en horario de 20:00 a 22:00h.

Neste obradoiro trataranse diversos temas de actualidade como poden ser: creación dun blog e introdución de información, vídeos, mapas, sonidos..., coñecemento das ferramentas de búsqueda en internet, planificación e contratación de viaxes e vacacións e optimización xeral do uso de internet.

A idade mínima para participar nestes obradoiros é de 16 anos.

O prazo de inscrición comeza o martes 1 de xullo e rematará cando rematen as prazas, que son 10 por obradoiro.

Para face-la inscrición ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres e de 10 a 14h.


· DENDE ARXENTINA deixáronnos un comentario no foro

"Mi abuela nació en Oza y emigro junto a toda su familia hacia Argentina antes de 1920, por lo poco que sabemos, ellos vendieron su casa de oza y mi bis abuela, al parecer eseñaba a leer y escribir en la zona, la familia era Diaz Martinez, si alguien tiene algun dato, me gustaria tener alguna foto de esa casa donde elos vivian ¡ (al menos hasta que pueda ir en persona a recorrer galiza) saudos"


· SETE MIL MILLÓNS DE ÁRBORES ATA O 2009
O Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), anunciou unha iniciativa para plantar unha árbore por cada ser humano que habita o planeta, coa intención de combater o cambio climático e a perda da biodiversidade.Obxectivo: plantar sete mil millóns de árbores ata o 2009. A reforestación está considerada como uns dos principais procedementos para contrarrestar os cambios climáticos.O director executivo do PNUMA, Achim Steiner, afirmou que a cifra de 7 mil millóns de árbores é perfectamente alcanzable, se se considera que a campaña lanzada en 2006, para plantar dúas mil millóns de exemplares, alcanzou os seus obxectivos en seis meses.Por iso, fan un chamamento a todos os cidadáns, organizacións da sociedade civil e gobernos do mundo para alcanzar este obxectivo antes da Conferencia sobre Cambio Climático que se celebrará en Copenhague no ano 2009.Ata o momento, África é o continente onde se plantaron máis da metade dos exemplares. En América Latina, México marcha á cabeza con 250 millóns.A reforestación está considerada como uns dos principais procedementos para contrarrestar os cambios climáticos. As árbores e os bosques xogan un papel crucial na regulación do clima e na absorción do dióxido de carbono.Unha páxina web permite facer público cada compromiso de plantación e así mesmo confirmar os exemplares efectivamente plantados en cada lugar do mundo.Máis información: Páxina web da campaña:
http://www.unep.org/billiontreecampaign/

Departamento de Turismo do Concello de Oza dos Ríos